Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O PSOE do Pino lamenta o anuncio de peche da oficina do Sabadell no Pedrouzo

Insta ao goberno municipal a actuar de maneira inmediata


Ecos da Comarca/O Pino

A primeira voceira adxunta do Grupo Municipal do PSOE do Pino, Inka Lareo, vén de rexistrar unha moción solicitando que o Concello do Pino actúe de maneira inmediata ante o anuncio do peche da oficina do Banco Sabadell Gallego no Pedrouzo, previsto para o vindeiro 14 de outubro. A concelleira do Grupo Socialista cataloga como “realidade blasfémica” o que está a facer o sector da banca co rural galego.O peche continuado de oficinas bancarias no rural é un auténtico ataque aos nosos maiores, os cales merecen o noso especial respecto e consideración”, indica.


O Grupo Socialista do Pino cre moi necesario que, ante estes continuos ataques do sector bancario ao rural galego, a clase política de calquera ámbito debe reaccionar, “primeiro, denunciando estas prácticas, e segundo loitando con tódolos medios ao seu alcance, co obxecto de manter os poucos servizos básicos que quedan no rural", manifestan .

A moción, que se someterá a debate e posterior votación na sesión plenaria ordinaria a celebrar o vindeiro 29 de setembro, insta ao goberno local, por un lado, a levar a cabo todas as accións necesarias e manter as reunións pertinentes para evitar a decisión do peche da sucursal. Por outro lado, e, no caso da persistencia por parte da entidade bancaria na súa pretensión, a retirada de tódolos fondos que o Concello do Pino teña na sucursal do Pedrouzo en Arca do Banco Sabadell Gallego.


64 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE