Jose Ramón Moire Silva doou desinteresadamente o seu arquivo fotográfico para que puidera usalo o Concello.
López, Otero, Moire e Taboada, onte, durante a presentación.
Laura Moure/Vila de Cruces
Vila de cruces deu a coñecer onte o calendario municipal para este ano 2021, un calendario que se presenta algo tarde debido ás complicacións das últimas semanas nesta vila debido á pandemia.
"Este calendario está feito nun formato de revista coleccionable, para que todos aqueles veciños que unha vez finalicen o ano poidan gardalo e conservalo no tempo. É un calendario que nesta ocasión pretende mostrar todas as marabillosas paisaxes coas que contamos en Vila de Cruces", indica o Concello, quen sinala que para evitar aglomeracións vai deixar nos comercios da vila exemplares para que todos os veciños que queiran telo poidan collelo de paso que realizan as súas xestións na vila. "Tamén unha vez que nos permitan abrir os centros culturais, poderán collelo nos mesmos, e por suposto no noso Concello está a a vosa disposición", recalca.
O grupo de goberno quere agradecer a José Ramón Moire Silva, "que doase as fermosas imaxes, coas que conta no seu interior". Moire estivo onte na presentación do calendario xunto ao alcalde do municipio, Luís Taboada, e aos concelleiros Julio López e Mireya Otero. "Jose Ramón Moire Silva doou desinteresadamente o seu arquivo fotográfico para que puidera usalo o Concello", remarca.
Comments