top of page

O Concello de Vila de Cruces presenta a súa programación deportiva 2026/2027

hace 5 horas
1 min de lectura

Inclúe clases de pilates, acondicionamento físico, zumba, adestramento de forza para persoas maiores e patinaxe artística


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces vén de presentar a programación deportiva para o curso 2026/2027, que se desenvolverá no Pavillón e no Ximnasio Municipal. Este ano a oferta

deportiva inclúe clases de pilates, acondicionamento físico, zumba, adestramento de

forza para persoas maiores e patinaxe artística.

“Queremos seguir ofrecendo actividades variadas e adaptadas ás diferentes idades.

O pasado ano puxemos en marcha o adestramento de forza para persoas maiores e

tivo moi boa acollida, polo que este curso decidimos darlle continuidade. É unha

actividade moi beneficiosa para manterse activos, traballar a forza e favorecer a

autonomía”, sinala a concelleira de Deportes, Noemi Lois.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As actividades de patinaxe artística e pilates continúan sendo as máis consolidadas

da programación municipal, cun total de cinco grupos activos de patinaxe

(perfeccionamento 1 e 2, iniciación 1 e 2 e para adultos) e catro para a práctica de

pilates. As clases darán comezo o 1 de outubro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O prazo de inscrición abrirase este xoves, 17 de setembro, ás 16:00 horas, e

finalizará tras esgotar as prazas dispoñibles para cada actividade. As solicitudes

deberán formalizarse de xeito presencial no Ximnasio Municipal, no seu horario de

luns a xoves de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 22:00 horas e o venres de 10:00 a

13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page