top of page

O Concello de Vila de Cruces lamenta a morte do veciño Andrés Lareu, “Andresiño”

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces expresou este sábado o seu pesar polo falecemento do veciño Andrés Lareu, coñecido por todos como “Andresiño”, de 29 anos. "Un mozo moi querido na comunidade pola súa alegría e pola súa disposición constante a axudar aos demais".

Segundo destacou o propio Concello nunha mensaxe de condolencia, Lareu era unha desas persoas que “deixan luz alí por onde pasan”, lembrando a súa capacidade para facer sentir ben a quen o rodeaba e o cariño que espertaba entre veciños e amizades.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Moi vencellado á súa parroquia de Salgueiros, participou activamente na vida cultural e na conservación da tradición popular. Formaba parte do grupo folclórico Vai Nela e implicábase tamén na organización do tradicional Entroido dos Xenerais da Ulla, unha das celebracións máis representativas da zona.


"A súa morte deixa un fondo baleiro na súa familia, nas súas amizades e en todas as persoas que tiveron a oportunidade de coñecelo. Dende o Concello queremos trasladar todo o noso agarimo á súa familia e ás persoas achegadas nestes momentos tan difíciles.

 Que o seu recordo permaneza sempre entre nós", recalca o Concello.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

A Fundación Paco Lareo tamén mostrou a través das redes o seu pesar. "A Fundación Paco Lareo séntese moi triste. Hoxe (polo día 12) faleceu o xoven Andrés, fillo do Secretario e Patrono da Fundación. O noso cariño para os seus pais Andrés Lareu e Carmen e a súa hirman Carmiña. Extensivo para toda a familia". E acompaña o pesar cunha foto onde Andrés está recollendo a Medalla Amigo Da Solaina no nome do Grupo de Gaitas "VAI NELA SALGUEIROS".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page