O Concello de Vila de Cruces incorpora un novo furgón para reforzar o servizo de Vías e Obras
- ecosdacomarca

- 19 jun
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces incorpora un novo vehículo con destino ao servizo de Vías e Obras para reforzar as labores que desenvolve este departamento.

PUBLICIDADE
O alcalde, Luís Taboada, indicou que “con esta adquisición buscouse contar cun vehículo de maior capacidade de carga, permitindo mellorar a eficiencia nos desprazamentos e no transporte de materiais e subministracións necesarias para a execución de obras e actuacións nos distintos puntos do municipio”.
PUBLICIDADE
O investimento realizado para a compra do novo furgón ascendeu a 35.000 euros.








Comentarios