O Concello de Vila de Cruces alerta dunha estafa vinculada a un falso libro da festa do Galo de Curral
- ecosdacomarca

- 13 may
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Concello de Vila de Cruces adverte á veciñanza e ao tecido empresarial sobre a detección de contactos fraudulentos con empresas e comercios nos que se solicitan colaboracións económicas para un suposto libro sobre a festa do Galo de Curral en nome da administración local.

Segundo informou o propio Concello a través das súas redes sociais, a entidade municipal “non está promovendo ningunha iniciativa deste tipo nin está solicitando achegas económicas”.
PUBLICIDADE
Dende o goberno local fan un chamamento á prudencia e recomendan que, ante calquera dúbida ou sospeita, se contacte directamente co Concello antes de realizar ningún pago ou facilitar datos persoais. O aviso chega despois de que varias empresas recibisen comunicacións relacionadas con esta suposta publicación, que o Concello desvincula totalmente da súa actividade oficial.
PUBLICIDADE
As autoridades locais lembran a importancia de verificar sempre a autenticidade deste tipo de peticións para evitar posibles fraudes ou estafas.








Comentarios