top of page

O Concello de Touro recepciona o proxecto para a reconversión do PAI de Fonte Díaz nun albergue

Ecos da Comarca/Touro

O Concello de Touro vén de recepcionar o proxecto para a reconversión do antigo Punto de Atención á Infancia, situado en Fonte Díaz, nun albergue turístico especializado no Camiño en bicicleta.

Esta iniciativa nace co obxectivo de dar resposta ao crecente número de peregrinos que chegan ao noso municipio a través da coñecida como Ruta do Holandés ou EuroVelo, a ruta europea dos peregrinos.

 PUBLICIDADE

O proxecto inclúe a adaptación do inmoble con salas de usos comúns, diferentes estancias para o aloxamento e infraestrutura específica para bicicletas, que permitirá gardalas, lavalas e realizar pequenas reparacións.


Con este proxecto, o Concello buscará acceder a subvencións e establecer convenios con outras administracións que permitan facer realidade esta infraestrutura estratéxica. A súa posta en marcha contribuirá a reforzar o potencial económico desta ruta no municipio, favorecendo as pernoctacións e o consumo asociado dos peregrinos.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Esta iniciativa dá cumprimento aos principios do acordo de goberno entre o grupo liderado polo alcalde Jesús Reboredo e o concelleiro Darío Rey.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page