O Concello de Touro promove cursos de tenis e natación para este verán
Xa está aberto o prazo de inscrición
Ecos da Comarca/Touro
O Concello de Touro vén de anunciar a posta en marcha de novas actividades deportivas para os meses de xullo e agosto de 2026, cunha oferta centrada en cursos de tenis e natación destinados a diferentes idades e niveis.

As clases de tenis desenvolveranse nas pistas situadas xunto á piscina municipal, os luns e mércores a partir das 17:00 horas. A actividade estará dividida en varios grupos por idade: de 5 a 6 anos, de 7 a 9 anos, maiores de 10 anos e tamén un grupo de adultos de nivel avanzado. O prezo establecido é de 30 euros polos dous meses completos, cun mínimo de 20 participantes.
PUBLICIDADE
No referente á natación, os cursos celebraranse tamén durante os meses de xullo e agosto, en horario de 12:00 a 14:00 horas. Os grupos organizaranse segundo a idade e o nivel das persoas participantes.
En ambos os casos, o proceso de inscrición seguirá unha orde de preferencia que dará prioridade ás persoas empadroadas no Concello de Touro, seguido dos seus familiares, menores escolarizados no municipio e persoas que traballen no concello, quedando en último lugar as persoas non empadroadas.
PUBLICIDADE
As inscricións para as actividades de tenis deberán realizarse a través da APP de reservas da web municipal. No caso dos cursos de natación, tamén poderán formalizarse na web de reservas, no departamento de Deportes do Concello ou chamando ao teléfono 981 50 40 29.
Desde o Concello destacan que estas iniciativas buscan fomentar a práctica deportiva e os hábitos saudables entre a veciñanza durante a tempada estival.









Comentarios