O Concello de Touro está tramitando os proxectos de mellora do abastecemento municipal de auga
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Touro
O Concello de Touro está tramitando os proxectos de mellora do abastecemento municipal de auga, que consistirán: nunha primeira fase, na mellora do bombeo e tubería de impulsión, e nunha segunda fase, na renovación da ETAP (Estación de tratamento de auga potable).

Publicidade
O proxecto de mellora do bombeo e tubería de impulsión, cun orzamento de 631.256,46 euros, financiarase con fondos propios do Concello, para o que se aprobou definitivamente polo Pleno o pasado día 23 de decembro o expediente de modificación de créditos.
Publicidade
O proxecto de renovación da ETAP financiarase pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, mediante a subscrición do correspondente convenio co concello.
Aprobada xa polo Pleno a financiación da mellora do bombeo e tubería de impulsión, estase tramitando a aprobación do proxecto chamado “Proxecto de mellora do bombeo da captación da ETAP de Touro (1ª Fase)”. Pode consultarse no seguinte enlace: https://www.concellodetouro.com/index.php/gl/novas/3219:proxecto-de-mellora-do-bombeo-da-captacion-da-etap-de-touro








Comentarios