top of page

O Concello de Touro acada a Bandeira Verde de Galicia 2025

Creada pola Xunta en 2020, consolidouse como un distintivo pioneiro a nivel estatal


Ecos da Comarca/Touro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou o pasado día 14 en Mos na entrega de Bandeiras Verdes de Galicia, un acto que destacou “como un exemplo do compromiso dos concellos e a súa veciñanza”. O Concello de Touro acadou a bandeira verde este ano.

ree

A Bandeira Verde de Galicia, creada pola Xunta en 2020, consolidouse como un distintivo pioneiro a nivel estatal. Galicia foi a primeira comunidade autónoma en contar cun selo propio que distingue o esforzo local pola paisaxe, a eficiencia enerxética, a educación ambiental e a xestión responsable dos recursos. Nesta sexta edición acádase unha cifra récord, con 33 concellos recoñecidos, case un 40% máis que o ano pasado.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O titular do Goberno galego enmarcou esta iniciativa na nova Estratexia Galega da Paisaxe Horizonte 2030, que o Instituto de Estudos do Territorio, dependente da

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, está a elaborar e que marcará as políticas públicas dos vindeiros anos. A estratexia integrará a protección da paisaxe en ámbitos como a ordenación do territorio, a mobilidade, o turismo e a educación, co propósito de facer da paisaxe un eixo transversal do desenvolvemento sostible e da identidade galega.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tal e como se recolle na resolución, publicada o pasado día 14 no Diario Oficial de Galicia (DOGA), o Concello de Touro presentou 30 accións na súa candidatura, encadradas nos catro ámbitos de actuación: 20 no apartado a), 8 no apartado b), 3 no c) e 5 no d). “Examinada a candidatura e evaluadas as accións, un mínimo de catro destas iniciativas alcanza a puntuación mínima necesaria para a concesión deste recoñecemento e atende a todos os ámbitos de actuación definidos en número no superior a tres en cada caso. Polo tanto, a proposta do Concello de Touro cumpre as condicións mínimas esixidas nas bases da convocatoria para un Concello de nivel 3 do sistema de asentamentos de Galicia”, tal e como se recolle na resolución.


Foi o alcalde, Jesús Reboredo, o que recolleu este recoñecemento.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page