top of page

O Concello de Toques celebrará a VI Subida San Cidre o 12 de abril

É unha cita xa consolidada no calendario do trail galego que volverá reunir a afeccionados ao deporte e á natureza na contorna da Serra do Careón


Ecos da Comarca/Toques

O concello de Toques acollerá o vindeiro 12 de abril de 2026 a VI Subida San Cidre, unha cita xa consolidada no calendario do trail galego que volverá reunir a afeccionados ao deporte e á natureza na contorna da Serra do Careón.

A proba presenta nesta edición novas distancias, adaptadas a diferentes niveis de preparación:

  • Percorrido longo de 17 quilómetros con aproximadamente +600 metros de desnivel positivo

  • Percorrido curto de 8 quilómetros con arredor de +250 metros de desnivel positivo

  • Ademais, haberá carreiras de menores, fomentando así a participación da base deportiva

 PUBLICIDADE


A Subida a San Cidre destaca polo seu atractivo trazado natural, con sendeiros de monte e paisaxes características dunha das zonas de maior valor ambiental da comarca, converténdose nun evento que combina deporte, turismo e posta en valor do territorio.


A organización, co apoio do Concello de Toques, da Deputación da Coruña e da Federación Galega de Atletismo, mantén o obxectivo de seguir medrando en participación e consolidar a cita como unha referencia dentro do trail comarcal.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

As persoas interesadas poden consultar información, regulamento e inscribirse nas páxinas web:

Espérase unha nova edición con boa resposta de participación e ambiente deportivo nunha xornada que volverá situar Toques no mapa do trail galego.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page