O Concello de Toques celebrará a VI Subida San Cidre o 12 de abril
- ecosdacomarca

- hace 5 días
- 1 Min. de lectura
É unha cita xa consolidada no calendario do trail galego que volverá reunir a afeccionados ao deporte e á natureza na contorna da Serra do Careón
Ecos da Comarca/Toques
O concello de Toques acollerá o vindeiro 12 de abril de 2026 a VI Subida San Cidre, unha cita xa consolidada no calendario do trail galego que volverá reunir a afeccionados ao deporte e á natureza na contorna da Serra do Careón.

A proba presenta nesta edición novas distancias, adaptadas a diferentes niveis de preparación:
Percorrido longo de 17 quilómetros con aproximadamente +600 metros de desnivel positivo
Percorrido curto de 8 quilómetros con arredor de +250 metros de desnivel positivo
Ademais, haberá carreiras de menores, fomentando así a participación da base deportiva
PUBLICIDADE

A Subida a San Cidre destaca polo seu atractivo trazado natural, con sendeiros de monte e paisaxes características dunha das zonas de maior valor ambiental da comarca, converténdose nun evento que combina deporte, turismo e posta en valor do territorio.
A organización, co apoio do Concello de Toques, da Deputación da Coruña e da Federación Galega de Atletismo, mantén o obxectivo de seguir medrando en participación e consolidar a cita como unha referencia dentro do trail comarcal.
Publicidade
As persoas interesadas poden consultar información, regulamento e inscribirse nas páxinas web:
Espérase unha nova edición con boa resposta de participación e ambiente deportivo nunha xornada que volverá situar Toques no mapa do trail galego.







Comentarios