top of page

O Concello de Sobrado solicitará á Xunta un cambio de adscrición de área para o CEIP Virxe do Portal

Ecos da Comarca/Sobrado dos Monxes

O goberno local solicitará á Consellería de Cultura, Educación e Universidade un cambio de adscrición de área para o CEIP Virxe do Portal. Así o acordou, por unanimidade, o pleno da corporación municipal ao aprobar esta moción, presentada polo grupo de goberno.

No documento aprobado en pleno exponse o seguinte:

  • Actualmente, cando o alumnado do colexio remata os seus estudos ten praza no CPI Armando Cotarelo Valledor para continuar coa ESO.

  • Para acudir ás clases, os rapaces e rapazas teñen un servizo de transporte gratuíto que os leva a Boimorto, pero estas poden sufrir modificacións en caso de necesidade.

  • Ao rematar esta etapa educativa obrigatoria, os estudantes do CPI de Boimorto poden continuar os seus estudos nos seguintes centros: IES de Curtis, IES de Melide e IES de Arzúa

"Neste caso, ao non tratarse dunha etapa obrigatoria, a Consellería non proporciona transporte aos mozos e mozas que queiran continuar os seus estudos. É dicir, os nenos e nenas de Sobrado teñen que sufrir dúas adaptacións a novos centros. Non hai, ademais, prazas suficientes no autobús para levar ao alumnado de Bacharelato e aos ciclos de Teixeiro. Co cambio de adscrición, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a de Infraestruturas e Mobilidade terían que crear novas liñas de transporte para o alumnado da ESO que poderían empregar tamén os de Bacharelato de xeito gratuíto mediante a Tarxeta Xente Nova. E, o máis importante, os mozos e mozas do concello de Sobrado terían estabilidade durante os seis anos de ESO e Bacharelato", explica o Concello.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page