Laura Moure/Silleda

A flota de vehículos de Silleda Sostible, vén de incorporar dous novos camións para implementar os servizos que se prestan no municipio. Trátase de dous camións para a recollida de RSU (residuos sólidos urbanos) para a retirada e traslado dos residuos depositados nos colectores verdes, amarelos e marróns. Estes últimos de momento só están nos cascos urbanos.
Publicidade
O de carga lateral empregarase nos cascos urbanos de Silleda e Bandeira e o outro vehículo de carga traseira, no rural. Ambos camións son de marca Volvo e as súas características técnicas fanos adecuados para o uso e traballo diario.
Publicidade
Deste xeito, coa adquisición destes camións mellóranse os servizos que se proporcionan a través de Silleda Sostible, facilitando tamén a reciclaxe dos residuos que se xeran.
Publicidade
A alcaldesa, Paula Fernández; a tenente de alcaldesa, Mónica González; e o concelleiro Manuel Requeijo acudiron este venres xunto cos representantes da UTE Silleda Sostible á presentación deste novo equipamento.
Comments