top of page

O Concello de Silleda reforzará a seguridade no entorno da Praza Mestre Mateo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Nos vindeiros días farase o replanteo topográfico da actuación, cun investimento de 14.355 euros


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda acometerá nas vindeiras semanas unha actuación no entorno da praza Mestre Mateo, situada entre a confluencia das rúas Morón, Camiño do Castro, e Condes do Deza. Dita actuación, solicitada no seu momento pola veciñanza ao terse producido varias situacións de perigo nesta praza moi utilizada por nenos e nenos, ten

como principal obxectivo reforzar a seguridade vial.


Así, a actuación, que se realizará con cargo a un contrato menor cun investimento de 14.335 euros, inclúe a dotación dun paso de peóns elevado no último tramo da rúa Morón, para minorar a velocidade de circulación. Neste senso, tamén se colocará un reductor preto da praza, no tramo de Camiño do Castro. Esta actuación de calmado do tráfico complementase tamén con nova sinalización horizontal, marcando con liñas o trazado deste entronque.

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En canto á praza, na actuación proposta que foi presentada onte pola alcaldesa e responsable de Xestión Urbana, Paula Fernández, eliminaránse as prazas de estacionamento que a día de hoxe rodean a mesa, gañando así maior visibilidade para as persoas condutoras que circulan pola zona. Tamén se dotará dunha pequena zona verde a esquina da rúa Condes do Deza con Morón.


O perímetro da praza quedará rodeado por un peche vexetal, actuación que se acometerá con personal municipal, seguindo un modelo similiar aos xardíns da praza Juan Salgueiro, e que servirá non só para mellorar visualmente o entorno senón tamén para reforzar a seguridade nas horas de xogo na praza. “Esta actuación ten como obxectivo principal reforzar a seguridade nunha zona onde residen moitas familias. O deseño non só axudará a mellorar a zona dende o punto de vista estético senón que reforzará a seguridade para persoas e vehículos”, indicou Paula Fernández.

Ao encontro asistiron tamén os concelleiros Mónica González e Manuel Requeijo así como os concelleiros do BNG, grupo co que se acadou o acordo que posibilitará o investimento nesta praza.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page