O Concello de Silleda legaliza novas colonias felinas
- Laura Moure
- 16 ago 2024
- 2 Min. de lectura
Dende o goberno solicitouse á Deputación sumarse ao novo convenio da entidade provincial para ampliar a xestión deste grupos
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda segue a traballar no ámbito da xestión das colonias felinas. Nos últimos días legalizaronse outras tres, co que en total son xa 7 as colonias formalmente dadas de alta. Así se reflexa no acordo da Xunta de Goberno local, no que tamén se optou por sumarse á nova proposta da Deputación de Pontevedra para poder ampliar a axuda que brinda o organismo provincial ás entidades locais para a xestión destas colonias felinas, e que ata o momento se centra na esterilización dos animais.

Con este novo convenio ábrese tamén a posibilidade de que a Deputación recolla tamén os animais na localidade. O pasado mes de xullo, o Concello de Silleda iniciou o proceso para a xestión das colonias co desenvolvemento do chamado método CER (Captura, esterilización e retorno dos gatos ao seu territorio), un procedemento que reduce as enfermidades infecciosas e permite manter estable, e mesmo diminuír, a poboación animal.
A día de hoxe en Silleda hai 7 colonias xa rexistradas, tanto no entorno urbano como nas parroquias do rural, localizadas grazas a colaboración cidadá. “A participación da veciñanza é clave para que dende a Administración podamos actuar na xestión das colonias felinas”, remarca a alcaldesa, Paula Fernández, agradecendo a colaboración dos veciños e veciñas e en particular das persoas voluntarias que nas vindeiras semanas comezarán a participar no plan municipal.
Publicidade
Neste momento o Concello de Silleda conta con 5 persoas voluntarias autorizadas cas que se manterá nos vindeiros días unha reunión de cara a organizar e establecer a sua participación no proceso. Todas aquelas que queiran participar no Plan Municipal de Xestión das Colonias Felinas deben inscribirse no concello, cubriendo un formulario que se atopa dispoñible na páxina web municipal.
Este procedemento tan por obxectivo controlar a poboación dos gatos aplicando o método CER, co que se realiza un control sanitario ao tempo que grazas á esterilización de alómennos un 75 por centro dos integrantes, se estabiliza a poboación de gatos nas rúas para que vaia diminuíndo e mesmo quede erradicada.
Publicidade
En concreto, o Concello de Silleda propón no seu plan unha serie de pasos que comeza pola captura dos gatos para proceder a desparasitalos e vacinalos, esterilizados e identificalos, antes de devolvelos ao seu territorio de orixe, que estará limpo e desinfectado. Unha vez alí, serán alimentados e vixilados coa fin de facer un seguemento.
Os beneficios deste método de colonias felinas tradúcese nun descenso de enfermidades infecciosas, a hixienización da zona e a diminución progresiva de membros da colonia. Ademais, tamén se demostrou que a esterilización dos machos evita desprazamentos para buscar parella e, con eles, o perigo de accidentes e atropelos.
Comments