top of page

O Concello de Silleda lamenta que o BNG "alarme" sobre un asunto tan sensible como a calidade da auga

Aclara que se vén realizando un control continuado e periódico da calidade da auga, conforme aos protocolos establecidos


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda quere manifestar, en relación coas declaracións realizadas nos últimos días polo BNG sobre a falta de control da calidade da auga de abastecemento, a súa preocupación "polo feito de que se estea a proxectar cara á cidadanía unha mensaxe de inquietude sobre unha cuestión especialmente sensible, que debe ser tratada con máximo rigor e responsabilidade. Desde o goberno municipal considérase necesario aclarar que se vén realizando un control continuado e periódico da calidade da auga, conforme aos protocolos establecidos".

En concreto, apunta, "lévanse a cabo controis mensuais de colífagos, controis trimestrais de rede e de billa no consumidor, así como unha anual de analíticas completas nos depósitos, na ETAP e nos mananciais dos que se abastece a rede municipal da traída de augas. Polo tanto, non se corresponde coa realidade trasladar unha imaxe de falta de control, de inacción ou de ausencia de seguimento nun asunto no que existe supervisión técnica continuada".

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O Concello quere subliñar, ademais, que non se debe confundir o debate sobre a incorporación ou actualización de determinados datos en plataformas administrativas, -un trámite complexo que require tempo ao igual que ocorre con outras plataformas estatais de datos- coa realidade do traballo de control e seguimento que se está a desenvolver. "Só faltan por rematar de subir as chamadas analíticas “completas” se ben hai datos na plataforma doutras mostras realizadas periodicamente. Trátase de planos distintos que non poden empregarse para xerar unha percepción errónea entre a veciñanza".

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Nun tema tan importante como este, o Concello considera imprescindible actuar con prudencia e con seriedade, evitando mensaxes que poidan contribuír a crear alarma innecesaria na poboación. "O goberno municipal continuará traballando, como vén facendo ata agora, con responsabilidade, rigor técnico e total atención a todo o relacionado coa calidade da auga e coa garantía dun servizo esencial para a veciñanza".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page