top of page

O Concello de Silleda inicia o proceso para legalizar as colonias felinas do municipio

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vai comezar a legalizar as colonias felinas do municipio para dar cumprimento así á nova lei de Benestar Animal. A día de hoxe, o Concello de Silleda xa ten algunhas colonias identificadas, se ben se apela á colaboración cidadá para continuar con este proceso.

Unha vez localizadas as distintas colonias existentes en todo o termo municipal, activarase un protocolo de actuación para a xestión das mesmas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Voluntariado

Na xestión das colonias é importante a implicación de toda a veciñanza, non só no proceso de identificación. Así, nos vindeiros días dende o Concello de Silleda lanzarase unha campaña de voluntariado, na que se incluirá o apoio á xestión de colonias felinas (alimentación de gatos, limpeza da zona e captura para a esterilización de exemplares).


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Para colaborar, as persoas interesadas neste voluntariado ou aquelas que desexen comunicar a existencia de colonias felinas (grupo de felinos non domésticos) poden facelo no propio Concello, chamando ao 986 580 000 ou a través da aplicación Liña Verde ou Bando Móbil.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page