Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda vén de habilitar unha nova canle de difusión para informar das actividades e programas á veciñanza ou calquera persoa interesada en recibir a información, para estar ao día, sobre todo, dos distintos eventos da axenda cultural e social do municipio. Para incorporarse a esta canle, que xa comezou onte a funcionar, hai que premer no enlace https://whatsapp.com/channel/0029Vax8LYdC1FuCBl4v3A0R, tal e como se está informando a través das RRSS do Concello e doutros servizos.
Este canal é un servizo directo, anónimo e que permitirá incluso realizar enquisas para a participación da veciñanza dun xeito áxil.
Publicidade
Con esta iniciativa, o Concello de Silleda implementa o servizo de comunicación ca cidadanía que conta a día de hoxe con servizos como a APP Liña Verde, na que ademais de información, as persoas usuarias poden remitir incidencias conxeolocalización e fotografías e ver o estado das mesmas en tempo real.
Comments