top of page

O Concello de Silleda e Aupa Deza organizan charlas sobre o autismo

Ambas actividades son de balde, pero é preciso previa inscrición


Ecos da Comarca/Silleda

Os sábados 23 e 30 de setembro, no Centro Social dos Maiores en Silleda, terán lugar dúas conferencias sobre o autismo, organizadas pola asociación local Aupa Deza e o Concello de Silleda.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Oriéntate no autismo: Como afrontar o diagnóstico TEA dende a relación familia-escola’ é a primeira, o sábado 23, ás 11:00 horas, impartida por Érica Ordóñez Pardo, mestra, orientadora e psicopedagoga.


A segunda, de 4 horas de formación, é Comunicación aumentativa e alternativa no día a día, o sábado 30 de setembro, ás 10:00 horas. Alba Pérez Fernández, mestra de unidade específica, coordinadora do Grupo Adapta e xestora de proxectos en Fundación Pictoaplicaciones, será a encargada de impartila.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ambas charlas están destinadas tanto a familias coma a profesionais do ámbito educativo e abertas a toda persoa interesada. As dúas actividades son gratuítas pero para asistir hai que inscribirse chamando ao teléfono 986 592 037.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page