O Concello de Silleda convoca unha praza de traballor/a social
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda vén de publicar as bases e a convocatoria que rexerán o proceso de selección para cubrir, mediante o sistema de quenda libre, unha praza de funcionario/a como traballador/a social (subgrupo A2).

Publicidade
Esta provisión da praza enmárcase na Oferta Pública de Emprego correspondente a 2024. Os requisitos das persoas aspirantes, características do posto e todas as cuestións relativas ao proceso, pago das taxas, documentación a presentar e demais información, figuran nas bases que foron publicadas o pasado día 19 no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Publicidade
O prazo de presentación das solicitudes, tal e como establecen as bases, será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE).









Comentarios