top of page

O Concello de Silleda amplía elementos do Parque Biosaudable das Pedrosas

30 nov 2024
1 min de lectura

A dotación destas pezas realizouse con cargos ao plan de investimentos (Liña 1) do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra, cun total de 3.036,29 euros


Ecos da Comarca/Silleda

O Parque Biosaudable das Pedrosas, en Silleda conta dende onte con novos elementos. Este venres iniciáronse os traballos de instalación de varios conxuntos nesta área, moi utilizada pola veciñanza para facer exercicio. En concreto, incorporáronse tres novos elementos, entre eles, unha escaladora, un remo e barras de chan deste parque público, ubicado no recinto das Pedrosas, cunha carballeira con 13.000 metros cadrados de extensión.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A dotación dos mesmos foi financiada con cargo ao Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra, a través da liña 1 adicada a investimentos. O proxecto incluíu tamén o subministro da pedra da balaustrada da praza da Igrexa da vila, cun importe total de 6.383,15 euros, dos que 3.036,29 euros se destinaron á compra dos elementos do parque biosaudable e os 3.346,86 restantes á baranda da pedra da praza.


No caso do parque biosaudable, os traballos completaránse co pintado dos demais elementos de exercicio da mesma cor que as novas incorporacións, para así unificar dito conxunto.

A alcaldesa, Paula Fernández Pena, achegouse ao Parque das Pedrosas para visualizar o avance dos traballos. Con esta renovación vén a completarse a dotación de elementos para ocio e deporte no Parque Municipal das Pedrosas, onde o ano pasado se instalaron

novos columpios.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page