O Concello de Silleda alerta de roubos no casco urbano que siguen o modus operandi doutros casos
- ecosdacomarca

- hace 29 minutos
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O Concello de Silleda fai un chamamento á prevención logo de detectarse roubos no municipio que seguen o mesmo patrón que outros casos rexistrados nas últimas semanas en varios municipios da contorna. Así, na tarde de onte sábado, arredor das 19:00 horas, rexitráronse roubos en dúas vivendas dun mesmo edificio situado no casco urbano da localidade. En ámbolos dous casos notificouse a subtracción de xoias e diñeiro en efectivo.

Os feitos están a ser investigados pola Policía Local e pola Garda Civil do Posto de Silleda, contando ademais co apoio do equipo ROCA deste último corpo. Na actualidade estase a traballar no esclarecemento dos feitos e na identificación das persoas autoras destes actos. Así mesmo, dende o Concello comunícase que xa se incrementou a presenza policial e a vixilancia no casco urbano, co obxectivo de reforzar a seguridade da veciñanza.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Medidas de prevención
Dende o Concello de Silleda quérese lanzar unha mensaxe de tranquilidade, se ben se apela á prevención e á colaboración cidadá. Neste senso, lémbrase á veciñanza a importancia de reforzar medidas básicas de seguridade, como pechar sempre con chave a porta da vivenda, incluso cando se vai estar fóra por un curto espazo de tempo ou mesmo cando se permanece no interior do domicilio.
Publicidade
Dende o Concello e as forzas de seguridade agradécese a colaboración cidadá e lémbrase a importancia de comunicar calquera información que poida resultar de interese para a investigación.
Publicidade
Os feitos acontecidos na tarde do sábado parecen seguir o mesmo “modus operandi” que outros roubos rexistrados nas últimas semanas en localidades como Teo, Vedra, A Estrada ou Boqueixón.








Comentarios