top of page

O Concello de Silleda acomete traballos de desbroces nas pistas no rural

Efectivos municipais comezaron xa labores de mantemento antes do reforzo de verán que está na última fase de adxudicación


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda está a ultimar o proceso de contratación dos desbroces na campaña de verán, que como novidade se adxudicarán na súa totalidade a unha única

empresa. Deste xeito, con esta modificación respecto ao procedemento dos últimos anos, o equipo municipal poderá centrarse nos pases baixos das beiras, labores de mantemento e conservación e tamén nas actuacións de limpeza de campos das festas e outros espazos.

Así, o Concello de Silleda xa inicio a pasada semana os traballos de desbroces no rural. Esta actuación, que se suma a outras realizadas en pistas de monte nos últimos meses, centrarase nas labores de mantemento en zonas de cunetas baixas.


Operarios do Concello de Silleda, con dúas máquinas municipais, realizarán este traballo nas parroquias. Así mesmo, esta adxudicación que por primeira vez inclúe todo o territorio municipal, tamén incopororará unha serie de melloras, como a limpeza de distintos espazos públicos. Os traballos na tempada estival seguirán o calendario establecido o pasado ano polo goberno municipal.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A campaña das pistas asfaltadas chega unha vez que dende o mes de decembro se teñen desbrozado pistas de terra, zahorra, e accesos a explotacións agrogandeiras, así como estapzos turísticos e outros para a realización de festas ou eventos, traballos que continuarán tamén de cara á vindeira Semana Santa.


A incorporación dun tractorista o mes pasado a través da bolsa de emprego do Concello permitirá realizar agora esta actuación nos viarios municipais ata o vindeiro mes de xuño, cando comece a campaña de verán seguindo a calendarización prevista. Dende o departamento de Medio Rural, que dirixe a concelleira Asunción García, destácase tamén as melloras que suporán no servizo os traballos na limpeza e apertura das cunetas ca recente incorporación de nova maquinaria e o reforzo de personal, que continuará ca incorporación a vindeira semana de 7 novas persoas para distintos departamentos de Obras de Servizos a través da Liña 3 do Plan Máis Provincia.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page