top of page

O Concello de Silleda acomete obras de mellora na parroquia de O Castro

Ademais de renovar o peche perimetral do campo da festa, tamén se arranxou a Fonte do Regueiro e se está a limpar a Copa do Castro


Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda vén de acometer nas últimas semanas diversos traballos de mellora na parroquia de O Castro. Así, acondicionouse a Fonte do Regueiro con traballos realizados dende o departamento municipal de Obras para a conexión de auga neste punto, unha actuación moi demandada pola veciñanza.

Así mesmo, nos últimos días, tamén se renovou todo o peche perimetral de madeira no campo da festa, retirándose as madeiras danadas e substituindo todos os tramos por novos elementos. Ademais, neste mesmo recinto, onde se celebrarán a vindeira fin se semana as festas patronais, tamén se limpou a carballeira e se retiraron ramas seca.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As actuacións nesta localidade por parte do Concello estanse a completar cos traballos de limpeza e acondicionamento do castro da localidade (Copa do Castro), que continúan a realizase nestes días.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page