O Concello de Silleda abre a contratación urxente de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar
- ecosdacomarca

- hace 8 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda vén de abrir un procedemento excepcional de contratación laboral temporal para cubrir dúas baixas por incapacidade laboral transitoria (ILT) no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ante a imposibilidade de facelo a través das bolsas municipais
actualmente vixentes. Esta contratación ten carácter urxente, temporal e excepcional, e está dirixida a persoas que conten con formación relacionada coa atención sociosanitaria,
como Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría, Técnico/a en Atención Sociosanitaria ou certificados de profesionalidade ou habilitacións recoñecidas para o exercicio profesional como auxiliar de axuda no fogar.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Así mesmo, e tamén con carácter excepcional, poderán presentarse persoas que non dispoñan inicialmente da formación requirida, sempre que acrediten experiencia laboral suficiente no sector e presenten un compromiso formal de realizar a formación esixida durante a vixencia do contrato.
Publicidade
As prazas cubriranse por orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, sempre que se cumpran os requisitos mínimos establecidos. O prazo para presentar solicitudes é de cinco días naturais desde a publicación do anuncio que se realizará hoxe, martes día 13.
Publicidade
Desde o Concello sublíñase a importancia de garantir a continuidade dun servizo esencial como é o SAF, fundamental para a atención das persoas maiores e dependentes do municipio. Toda a información detallada pode consultarse no taboleiro de anuncios do
Concello e na web municipal.








Comentarios