top of page

O concello de Santiso xa dispón dun caixeiro automático instalado na fachada do Consistorio

O día 27 de abril haberá dúas sesións formartivas neste municipio para que a veciñanza poida realizar de maneira máis sinxela as xestións financieiras


Laura Moure/Santiso

A localidade de Santiso xa dispón dun caixeiro automático, algo que anunciaramos en ECOS DA COMARCA o pasado mes de xuño e do que tamén se beneficiará o concello de Toques, que ata entón tampouco dispoñía de ningún caixeiro. "A sucursal ABANCA acaba de instalar na fachada da Casa do Concello un caixeiro automático", informou este xoves o Concello de Santiso.

ree
O caixeiro instalado no Consistorio de Santiso. Autor: Ecos da Comarca.

Así mesmo, o Concello de Santiso indica que para que se poidan realizar de maneira máis sinxela as xestións financeiras, levarase a cabo unha xornada formativa teórica e práctica para todos os veciños interesados. Esta terá lugar o 27 de abril en dúas sesións. Unha delas será no local social de Seone, en Visantoña, de 10:00 a 11:00 horas, e despois no local do antigo Concello de 11:30 a 12:30 horas. Seguidamente, farase unha sesión práctica no caixeiro que se instalou na fachada da Casa Consistorial da vila.

ree

Toda a información da publicación de xuño sobre a dotación dos caixeiros en ambos municipios das comarcas no seguinte enlace:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page