Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Santiso e Toques asinan un convenio para dispoñer dun caixeiro automático e de servizos financieiros

Poderán efectuar xestións ordinarias como a retirada e ingreso de cartos en metálico, a actualización das libretas bancarias ou o pagamento de recibos


Laura Moure/Santiso/Toques

Un total de 34 concellos asinaron xa os convenios de colaboración coa Xunta de Galicia para dispoñer de caixeiro automático e de servizos de atención financeira ao cidadán dos que se beneficiarán preto de 48.000 galegas e galegos que viven nestes municipios. Os habitantes destes municipios dispoñerán dun caixeiro automático e poderán efectuar xestións ordinarias como a retirada e ingreso de cartos en metálico, a actualización das libretas bancarias ou o pagamento de recibos sen ter que desprazarse a outros municipios. As entidades locais que xa asinaron os correspondentes convenios son: Aranga, Vilasantar, Lousame, Cabanas, Dumbría, Santiso, Coirós, Dodro, Paderne, Toques e Vilarmaior na provincia da Coruña; Ribeira de Piquín, Samos e O Páramo na de Lugo; Larouco, Arnoia, Petín, Lobeira, Os Blancos, Oímbra, Vilar de Santos, Carballeda de Avia, Xunqueira de Ambía, Chandrexa de Queixa, Xunqueira de Espadanedo, Piñor, Porqueira, A Teixeira, Melón, Cenlle, Rairiz de Veiga, A Peroxa, Tabodela e Pontedeva na provincia de Ourense.


O financiamento corre a cargo da Xunta polo que os concellos acollidos a esta medida non terán que facer ningunha achega económica e só deberán ceder e acondicionar os espazos necesarios para a instalación dos caixeiros e a prestación dos servizos de asesoramento financeiro e formación.


Bases da convocatoria

A Xunta e a Fegamp asinaron a finais do ano pasado un protocolo de colaboración coa finalidade de adoptar medidas para universalizar o acceso aos servizos financeiros nas entidades locais galegas. Segundo os datos do Banco de España, no 2020, 45 concellos galegos -o 14% do totalcarecían dunha entidade de crédito, por iso o obxectivo da Xunta é evitar a exclusión financeira e promover que toda a poboación galega, con independencia do seu lugar de residencia, teña acceso aos servizos financeiros. Aínda que a medida está dirixida de xeito prioritario a estes concellos, tamén poden acollerse aqueles municipios que teñan algunha dificultade para accederen a servizos financeiros.

A iniciativa consiste na instalación de caixeiros automáticos nas dependencias municipais; a prestación dun servizo de asistencia financeira que permita, de xeito semellante a unha oficina bancaria convencional, solucionar de xeito presencial as dúbidas dos clientes; e a oferta de formación financeira e banca electrónica para adquirir nocións básicas e aprender a utilizar os servizos bancarios a través das novas tecnoloxías. Neste marco, o Consello da Xunta aprobou este xoves as bases que rexerán as subvencións destinadas a incentivar e fomentar a prestación de servizos bancarios no ámbito rural para catro anualidades.


O importe para o período 2021-2025 ascende a 2,8 millóns de euros. Estas medidas de universalización vanse desenvolver a través da concesión dun incentivo a unha entidade financeira -que se elixirá mediante convocatoria pública- para que preste os servizos bancarios básicos naqueles concellos galegos do ámbito rural que se adhiran voluntariamente ao protocolo asinado entre o Goberno galego e a Fegamp e asinar os correspondentes convenios de colaboración coa Xunta de Galicia.

490 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE