top of page

O Concello de Santiso organiza dous obradoiros de Entroido que serán o día 19 de febreiro

15 feb 2022
1 min de lectura

Un consistirá na elaboración de máscaras e outros accesorios e está dirixido aos nenos e outro será para adultos para cociñar produtos típicos desta celebración


Ecos da Comarca/Santiso

O entroido xa está petando á porta e os Concellos organizan distintas actividades. No caso de Santiso organiza dous obradoiros que terán lugar o día 19 de febreiro na escola da parroquia de Visantoña.

A cita será ás 16:00 horas. Por unha banda, haberá un obradoiro creativo para nenos que consiste na creación de máscaras, cañóns de confetti e distintos accesorios de disfraces.

E por outro lado, tamén haberá un obradoiro de repostería para persoas adultas no que cociñarán produtos típicos destas datas.


Para que se leven a cabo ten que haber un mínimo de oito persoas en cada actividade. Os interesados deberán anotarse previamente a través do teléfono do Concello 981 818 501 antes do 16 deste mes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page