top of page

O Concello de Rodeiro promocionará o seu sector agroalimentario o día 19 con I Sabor Labrego

Haberá concertos, como o da Panorama, obradoiros, degustación, concurso gandeiro, exposición de alimentos e menú de chuletón nos restaurantes locais


Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro promove unha iniciativa que leva por nome I Sabor Labrego, que terá lugar o 19 de maio. A través desta iniciativa poñerá en valor o seu sector agroalimentario. Haberá concertos, obradoiros, degustación, concurso gandeiro, exposición de alimentos e menú de chuletón nos restaurantes locais.


"Co evento que impulsamos para o vindeiro 18 de maio, buscamos poñer en valor e promover as potencialidades do sector agroalimentario de Rodeiro, con énfase na produción de leite e carne. Pretendemos destacar a excelencia dos produtos locais e fomentar o consumo nos establecementos de hostalería da zona, reforzando así a identidade e a economía local. Con esa finalidade temos previsto concursos de gando, exposición agroalimentaria, Festa do chuletón. Obradoiros e boa festa", sinala o Concello.

A maiores, explica que esta iniciativa ten percorrido anual no que predominarán as charlas, obradoiros, cursos e demais dinámicas que profesionalicen ou impulsen novas iniciativas produtivas ou transformadoras nesta localidade. "Rodeiro ten un territorio cun gran potencial agrario, contamos con SAU de excelente calidade que debemos recuperar, soutos e carballeiras moi produtivas, un sector silvopastoril a impulsar e moitas posibilidades para a produción de mel, castaña ou cogumelos. En definitiva, temos un territorio que pode xerar maiores recursos para a economía familiar e dende a administración local queremos traballar no seu impulso e promoción".


Actividades Propostas

Día 19 de maio

1. Recoñecemento gandeiro

"Dende a administración local temos a obriga de poñer en valor os diferentes produtos alimentarios que se producen no noso concello xa que así, estamos protexendo as familiar que directa ou indirectamente viven dos mesmo. Mais con esta actividade queremos recoñecer aqueles familias que, a través das súas granxas e o seu ganado adquiran a maior calificación dentro das diferentes categorías que describimos a continuación".


Categorías

Vacas de Carne:

  • 3 categorías para as 3 mellores vacas Rubia Galega

  • 3 categorías para as 3 mellores novillas Rubia Galega

Vacas de Leite:

  • Mellor cualificación media GICO

  • Mellor cualificación media ICO

  • Maior produción media

2. Exposición alimentaria e de gando

"Nesta primeira edición queremos poñer en valor os produtos diferenciados, de transformación local a pequena escala ou de economía social, os cales poñen en valor o rural da comarca do Deza. Con esta exposición queremos dar a coñecer os produtos expostos e así contribuír a ampliar o seu mercado e demostrar que o rural ten grandes potencialidades nos excelentes productos que a día de hoxe xa se transforman e comercializan na nosa comarca. Que isto serva de impulso e orgullo para que outras familias se sumen con novas iniciativas e emprendementos de transformación dos seus produtos".


Participantes:

Poderán participar os produtores de alimentos de transformación local ou economía social da comarca do Deza.


Como participar?

Terán que mandar unha mostra do seu produto para expoñer. Se desexan que haxa degustación do seu produtos, deben indicalo expresamente e mandar mostras suficientes a maiores do que estará na exposición. No lugar da exposición haberá un panel informativo de cada produto, así como información adicional que o produtor desexe enviar.


De gando

As vacas con maior puntuación serán expostas na zona do evento. "Este ano decantamos por expoñer as vacas de carne con maior puntuación de vacún de carne. Este será dos grande atractivos deste evento".


3. Pregón

"Un pregón, segundo a RAE, é un anuncio que se fai a viva voz e nun espazo público para que chegue a coñecemento de todos. Por iso, para darlle a máxima difusión a esta festa-exposición, queremos contar cunha voz representativa do noso pobo de Rodeiro, quen se encargue de dar o pistoletazo de saída a esta primeira edición da festa. Un persoeiro que coñeza a historia e os costumes da nosa terra de Camba e que participe na vida activa do Concello e, ao mesmo tempo, que sexa divulgador das bondades de Rodeiro nos lugares onde se atope", destaca o Concello.


4. Degustación de Chuletón

Tamén haberá degustación de chuletón. "Os obxectivos son ofrecer unha experiencia gastronómica única, resaltando o sabor e calidade da carne e leite de Rodeiro e situar a Rodeiro no epicentro da excelencia gastronómica do vacún de carne e para iso participarán restaurantes locais previa inscrición".


Criterios:

1. Prioridade de abastecerse de carne e leite de Rodeiro.

2. A carne debe ser producida con criterios “Ternera Gallega Suprema”.

3. O chuletón debe ter un peso mínimo de 700g.

4. Debe estar atemperado e elaborarse a brasa.

5. No menú debemos incluir un postre con base de leite.

O menú estará composto de: Chuletón, patacas, ensalada, postre, pan, viño da casa, café e licores.

6. Prezo deste menú será de 28€.

5. Festa ao Atardecer


"A partir da 18 horas mesturamos un grupo emerxente que está pasando polos máis importantes festivais de Galicia, xunto coa música da orquestra Panorama que nos trae o mellor da verbena galega. Participarán Boyanca Kostaya e a orquesta Panorama".


Por outra banda, o 14 de maio terá lugar un obradoiro de elaboración de iogur Kalekói no Cpi de Rodeiro. E despois están pendentes outras actividades que se levarán a cabo:

  • Formación sobre a produción do mel, prevención e loita contra a vespa velutina

  • Posta en valor da SAU

  • Posta en valor do monte e os seus produtos

  • Posta en valor do sector da carne local

  • Xornada sobre enerxía

  • Xornada sobre froiteiras e horta

  • Xornada sobre Lei de recuperación de terras agrarias e aldeas modelo.



Publicidade

O lugar da celebración será o aparcadoiro ao carón da Rúa Gumersindo Areán, a cal

contará con varias carpas a disposición para contrarestar as posibles inclemencias

meteorolóxicas. "Animamos a todo o mundo que se acerque a desfrutar de moita música,

diversión e sobretodo bo ambiente!", sinala a Asociación Mocidade Kambota, a organizadora do evento.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page