top of page

O Concello de Rodeiro pon en marcha unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero

20 nov 2023
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Rodeiro

O Concello de Rodeiro pon en marcha unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación de cara a concienciar e loitar contra a lacra da violencia de xénero. Para o deseño da campaña usouse o cartel gañador da XII edición do concurso de “Carteis Igualitarios”, realizado pola Asociación de Mulleres “Terras de Camba”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O seu contido céntrase nunha mensaxe en positivo na que a muller é a protagonista do seu propio cambio e do seu futuro. Fixa tamén a atención na importancia de protexer ás crianzas das situación de violencia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A cartelería da campaña distribuirase polos diferentes espazos públicos do concello, así coma se achegará a establecementos, comercio local, asociacións, etc. de cara a visibilizar e recordar que a violencia contra as mulleres é un grave problema da nosa sociedade e que como comunidade amosamos todo o noso apoio, axuda e recoñecemento ás vítimas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page