top of page

O Concello de Rodeiro organiza unha andaina para o martes, 16 de setembro

Será unha ruta guiada polo tramo Bardelás–Mesón de Auga Levada, pertencente á Ruta do Camiño Real – A Pallota


Ecos da Comarca/Rodeiro

O Concello de Rodeiro organiza unha andaina guiada polo tramo Bardelás– Mesón de Auga Levada, pertencente á Ruta do Camiño Real – A Pallota. A actividade ten como finalidade dar a coñecer esta ruta histórica e natural entre a comunidade local, así como pór en valor o traballo desenvolvido polo alumnado-traballador do Obradoiro dual de emprego “Terras de Camba I”, na súa especialidade forestal.

Durante a mesma, as persoas participantes terán a oportunidade de coñecer tanto o labor feito polo obradoiro como o patrimonio histórico, cultural e natural do Camiño Real.


  • Tramo andaina: Bardelás- Mesón de Auga Levada (Rodeiro)

  • Duración: 2, 3 Km (45- 50 min)

  • Data e hora: martes, 16 de setembro as 10:30 horas


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O obradoiro dual Terras de Camba I promovido polos Concellos de Rodeiro, Agolada e Dozón botou a andar o 20 de decembro de 2024 e finaliza o vindeiro 19 de setembro. Durante estes 9 meses, o alumnado- traballador das especialidades de forestal (10) e albanelería (10) estivo a levar a cabo diferentes obras nos 3 concellos.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page