Realizaranse unha vez por semana nas casas escolas parroquiais e impartiranse en horario de mañá
Laura Moure/Rodeiro
O Concello de Rodeiro pon en marcha un programa de actividades gratuíto O Espertador para as persoas maiores cuxo obxectivo é mellorar a súa calidade de vida e favorecer a súa autonomía.
Os seus destinatarios serán todas as persoas maiores e aquelas persoas adultas que presenten algunha discapacidade.
As actividades (ximnasia adaptada, actividades de memoria e manualidades) realizaranse unha vez por semana nas casas escolas parroquiais e impartiranse en horario de mañá.
Os interesados deben contactar no teléfono 986 790 185 de 8:00 a 14:30 horas preguntando por Elena.
Comentarios