top of page

O Concello de Rodeiro investirá medio millón de euros na estrada dende As Devesas a Carboentes

Ecos da Comarca/Rodeiro

O alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas, mantivo o domingo pasado unha xuntanza cos veciños e veciñas das parroquias de Arnego e Carboentes, nun encontro celebrado no teleclub de Carboentes, no campo da festa, ao que asistiron máis de medio cento de persoas. A reunión serviu para iniciar a rolda de visitas polas parroquias do municipio, que comeza precisamente nesta zona.

ree

Durante o encontro, o alcalde anunciou unha inversión de preto de 500.000 euros para a ampliación e asfaltado de case 4 quilómetros de estrada en Carboentes e Arnego, unha actuación que será executada con fondos  incluídos nos plans deste ano. Trátase da maior inversión realizada polo Concello nestas parroquias, historicamente das máis abandonadas do municipio en materia de infraestruturas viarias.


O rexedor explicou que esta actuación chega despois de máis de dous anos de xestións para intentar lograr a transferencia desta estrada  a Deputación de Pontevedra o seu paso por Carboentes e Arnego, un proceso que "finalmente non foi posible debido ao desinterese e ao “portazo” dado polo presidente da Deputación, Luis López, exalcalde de Rodeiro, á petición do Concello e ás demandas da veciñanza".

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Neste sentido, detallou aos asistentes todos os trámites realizados polo goberno municipal durante este tempo e denunciou "a falta de vontade política por parte da Deputación para asumir unha infraestrutura que presenta importantes deficiencias e que é fundamental para a comunicación destas parroquias".


Ante esta situación, o Concello decidiu actuar con recursos que lle corresponden de outras administracións "para dar resposta a unha demanda histórica da veciñanza, apostando por unha mellora integral da vía que permita aumentar a seguridade, mellorar a mobilidade e dignificar unhas parroquias que durante anos sufriron un claro abandono por parte doutras administracións".

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A xuntanza serviu tamén para facer balance do traballo desenvolvido polo goberno municipal nos últimos dous anos e medio de mandato e para avanzar os proxectos previstos para o ano e medio que resta, nun exercicio de transparencia e proximidade coa cidadanía. O alcalde agradeceu a elevada participación e reiterou o compromiso d Concello de Rodeiro de seguir defendendo os intereses das parroquias e de manter un contacto directo e permanente coa veciñanza.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page