top of page

O Concello de Rodeiro alerta dos graves danos xeneralizados polas chuvias do día 26 e pide axudas

Laura Moure/Rodeiro

O Concello de Rodeiro alerta dos graves danos xeneralizados polas chuvias do luns 26 e reclama apoio institucional para os concellos máis afectados O Concello de Rodeiro está a avaliar os importantes danos ocasionados polas intensas chuvias rexistradas o pasado luns día 26, coincidindo coa activación da alerta vermella por fenómenos meteorolóxicos adversos, un episodio que provocou afeccións xeneralizadas en boa parte da provincia de Pontevedra.

No caso de Rodeiro, os danos esténdense a todas as parroquias do municipio. Trátase dun concello plenamente rural e cun marcado carácter agrario, no que a totalidade das parroquias contan con explotacións gandeiras e parcelas agrícolas ás que se accede a través dunha ampla rede de camiños municipais e vías rurais. Estas infraestruturas resultaron seriamente afectadas polas fortes precipitacións, con arrastres de terra, lama e pedra, pistas erosionadas e numerosos tramos en mal estado ou practicamente intransitables, tal e como informao alcalde, José Luis Camiñas.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

As afeccións máis visibles rexístranse nos accesos a granxas, camiños rurais e pistas municipais, fundamentais para a actividade diaria do sector primario e para a mobilidade da veciñanza. Os servizos municipais traballan xa na avaliación detallada dos danos e na planificación das actuacións máis urxentes, priorizando aqueles puntos que dan servizo directo a explotacións agrarias e vivendas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O rexedor sinala que “nun concello como o noso, no que todas as parroquias son rurais e todas as parcelas contan con accesos a través de camiños, episodios de chuvias intensas como este teñen un impacto especialmente elevado”. O mandatario lembra ademais que este non foi un feito illado, xa que numerosos concellos da provincia de Pontevedra sufriron tamén danos considerables.


Por este motivo, dende o Concello de Rodeiro reclámase que tanto a Xunta de Galicia como a Deputación de Pontevedra activen liñas extraordinarias de axudas dirixidas aos concellos máis afectados. Neste sentido, o alcalde lembra como precedente a liña de axudas de 2,7 millóns de euros que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha tras as fortes chuvias do 1 de xaneiro de 2023, destinada a dar resposta ás necesidades urxentes dos concellos con maiores afeccións. “Resulta fundamental que se teña en conta o grao real de impacto sufrido polos concellos rurais, que contan cunha extensa rede de pistas e camiños e cunha elevada dependencia destas infraestruturas para a súa actividade económica”, subliña José Luís Camiñas.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O goberno municipal agradece a colaboración da veciñanza e pide prudencia á hora de circular polas vías afectadas ata que se completen os traballos de limpeza e reparación.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page