top of page

O Concello de Palas de Rei destaca "o descenso progresivo do paro dende 2012" neste municipio

hace 6 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Palas de Rei conta coa menor taxa de desemprego da zona unha vez conocido o histórico de datos dos últimos 20 anos e tal e como destaca o Concello. "A actual taxa inferior ó 5%, considerada residual, marca a continuación de moitos anos de baixa constante e progresiva onde a redución do desemprego foi desenrolandose ano a ano desde a máxima do 18,62% no ano 2012 ata a actualidade co 4, 94%", sinala.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O alcalde Pablo Taboada, considera que “son datos moi positivos para o Concello de Palas de Rei, xa que practicamente estamos ante unha taxa residual". O rexedor destaca "a importancia que desde o municipio se fixo a hora de apostar polo tecido empresarial, xa que Palas de Rei é o Concello con máis inversión privada por habitante de toda a provincia, así como, a decidida aposta polo sector turístico e agrogandeiro que se desenrolaron ambos de maneira moi importante durante todos estos anos. Aínda así, hai que seguir traballando para manter estes datos, o que sen dúbida, contribuirán ós novos proxectos que agora están en execución como: a ITV Comarcal; a ampliación de Campomayor; o desenrolo das instalacións da planta de Bioflytech; o Centro de Datos ou a nova Residencia de Maiores”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Ademais, Taboada cre que estes proxectos xerarán “máis de 100 empregos no municipio e axudarán a seguir na boa senda económica”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page