A Mancomunidade do Camiño Francés leva a Suíza a promoción do Camiño e da súa Guía Gastronómica
Presentou os seus atractivos a ante mais de 190 países na sede da ONU e na Casa de Galicia A nosa Galiza de Xenebra
Laura Moure/Xeral
Dende o día 1 de outubro ó día 4 do citado mes, a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, formado por 11 concellos, O Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino, desprazáronse á cidade Suíza de Xenebra, coa finalidade de promocionar esta Ruta Xacobea así como a súa rica e diferenciada gastronomía.

A viaxe, comezou coa visita á sede da Organización das Nacións Unidas. Esta visita tiña como motivo principal a difusión do Camiño Francés e da Guía Gastronómica ante máis de 190 países.
A entidade presidida por Begoña Balado, continuou coa axenda institucional en Xenebra
para promocionar a Ruta Xacobea o día 2 de outubro, cunha xornada, onde os representantes do Camiño participaro. Alfonso Gómez, membro do Goberno Local de
Ginebra, é natural da localidade galega de Corme.
PUBLICIDADE
Posteriomente nese mesmo día realizouse un encontro co embaixador permanente de España ante a ONU, Marcos Gómez Martínez, e tamén estivo presente a subembaixadora,
Clara Cabrera Brasero, o Cónsul Xeral de Ginebra, Luis Fernández-Cid de la Alas Pumariño e a conselleira diplomática de Dereitos Humanos, Miryam Naveiras Torres-Quiroga. Tamén os convidou a compartir un xantar.
Finalmente, organizouse en colaboración coa Casa de Galicia, A Nosa Galiza en Xenebra,
onde se presentou a Guía Gastronómica do Camiño Francés e posteriormente realizouse
unha degustación de produtos, coa presenza do cónsul xeral de Ginebra en representación do Embaixador de España en Suiza, a Deputada e expresidenta do Parlamento do Cantón de Ginebra, Ana Roch, o membro do Goberno local de Ginebra, Alfonso Gómez, galegos residen en Xenebra, propietarios de tendas de produtos españois e do presidente da Sociedade de Cafeteiros, Restauradores e Hoteleiros de Xenebra, ademais da comitiva galega.
PUBLICIDADE
“O Camiño Francés, ten produto local, diferenciado, propio, de calidade, e iso é o viñemos a amosar aquí. O valor do noso, non só do noso querido Camiño Francés, senón tamén do ben e a gusto que se come nel", sinala a presidenta da Mancomunidade Begoña Balado, que ademais engade que “voltamos a Galicia, convencidos de que máis suízos/as, e peregrinos/as doutros países nos visitarán o próximo 2027 que é ano santo”.
A Mancomunidade seguirá a súa promoción do Xacobeo 2027, tanto en Galicia, como
internacionalmente, para que sexa todo un éxito.









Comentarios