top of page

O Concello de Monterroso entrega bolsas de deporte ás xogadoras do Fútbol Sala Feminino Monterroso

Ecos da Comarca/Monterroso

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o concelleiro de Deportes, Balbino Martínez, fixéronlles entrega ás xogadoras da Liga Galega de Fútbol Sala Feminino Monterroso S.D. de cadansúa bolsa de deporte para que as acompañe nas súas próximas competicións e na que figura o escudo do Concello de Monterroso.


Publicidade

No equipo, formado por 14 rapazas, hai unha delas que competiu ademais na Selección Galega (Leti) e dúas na Selección de Lugo (Neusa e Sofía).


Publicidade

O Concello de Monterroso dálles a noraboa a todas elas pola súa tenacidade e por levar o nome de Monterroso alá onde xogan.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page