O Concello de Melide finaliza os traballos de urbanización da Rúa Ourense
- ecosdacomarca

- 15 abr 2021
- 1 Min. de lectura
As obras realizadas dotan dun mellor servizo a esta zona que dará acceso ao novo centro de saúde da localidade
Laura Moure/Melide
O Concello de Melide finaliza os traballos da urbanización da Rúa Ourense. As actuacións, que contaron cun orzamento de 54.871 euros proxectaronse para poñer en valor a rúa e dotala duns mellores servizos.
A separación das redes de saneamento e pluviais, o soterramento do tendido aéreo do suministro eléctrico de iluminación pública e telecomunicacións, o reforzo da iluminación pública, a creación de beirarrúas e a dotación de suministro eléctrico ao novo centro médico son algún dos traballos que se realizaron.

"A urbanización da rúa permite que tanto os accesos peatonais coma o tráfico rodado queden diferenciados, dotando dunha maior seguridade ao entorno do novo centro de saúde de Melide", explica o Concello.






Comentarios