top of page

O Concello de Dozón denuncia na Garda Civil unha nova sabotaxe ocorrida na Feira da Gouxa

Baleiraron uns 2.000 litros de alquitrán que contiña unha cisterna dunha empresa construtora que está a realizar obras nunha estrada da contorna


Ecos da Comarca/Dozón

O Concello de Dozón presentará unha denuncia na Garda Civil despois de que esta noite a Feira da Gouxa volvera sufrir unha nova sabotaxe consistente no baleirado de aproximadamente 2.000 litros de alquitrán que contiña unha cisterna dunha empresa construtora que está a realizar obras nunha estrada da contorna.


A propia empresa denunciou tamén a manipulación da cisterna e o alcalde, Adolfo Campos Vázquez, salientou que a Feira da Gouxa leva tempo sufrindo sabotaxes semellantes, "normalmente consistentes no baleirado dos depósitos da auga a noite anterior". "Isto xa non é ningunha broma e nesta ocasión a sorte foi que tan só había na cisterna uns 2.000 litros de alquitrán, porque se chega a estar chea, cuns 20.000 litros, posiblemente habería danos medioambientais na zona e, consecuentemente, unha responsabilidade penal para o ou os autores", apuntou o alcalde, que solicita unha investigación e apela á colaboración cidadá para tratar de identificar aos responsables destes feitos.


Cabe mencionar que hoxe foi día de feira na Gouxa. Pola súa banda, o BNG de Dozón considera que "permitir aparcar neste lugar unha cisterna con produtos nocivos é unha irresponsabilidade, ademais de ocupar gran parte do aparcadoiro o día da feira de A Gouxa."


Perde dende hai semanas?

Tras publicar esta noticia, veciños contactaron con ECOS DA COMARCA e afirman que non é unha sabotaxe e aseguran que "a cisterna perde dende hai semanas". Sinalan que a cuba leva aí máis de dous meses "vertendo algo, e xusto onte empezaron a pasar o chapapote para o outro camión para botar gravilla en Bidueiros", apunta un veciño. "Vaia casualidade que xusto lle foran abrir esta noite despois de tanto tempo e non que lles quedara a eles mal cerrada despois de andar onte nela", considera o lugareño.


O Concello insiste en que é unha sabotaxe

Sen embargo, dende o Concello consideran que os feitos reiterados avalan que se trata dunha sabotaxe porque en máis dunha ocasión baleiraron os depósitos de auga na Gouxa e xusto a noite anterior a celebrarse a feira. E en canto, a que si a cuba perde ou non o goberno local non ten constancia disto, pero insiste e en que 2.000 litros de alquitrán non se baleiran así por así nunha noite se alguén non lle abre intencionadamente. O Concello lamenta que accións coma estas afecten en gran medida a esta feira, unha feira con tanta tradición.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page