top of page

O Concello de Cruces programa unha excursión á Illa de Tambo para o vindeiro 20 de setembro

A inscrición estará aberta no departamento de Servizos Sociais do Concello do 9 ao 16 de setembro ou ata esgotar as prazas


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces regresa coas excursións do programa “Viaxa con nós”. Organiza para o vindeiro 20 de setembro unha excursión á Illa de Tambo, con visita guiada e almorzo.

Segundo o itinerario da actividade, os participantes sairán de Cruces cara a Combarro, onde embarcarán en dirección a Tambo, unha pequena illa situada no interior da ría de Pontevedra, caracterizada polo seu pasado militar e o seu antigo lazareto, onde se realizará unha visita guiada para coñecer os seus recunchos máis emblemáticos.


A continuación, terá lugar o almorzo nun restaurante con baile. Despois o día continuará cunha visita a Noia, unha vila fundada na Idade Media como o principal porto de Santiago de Compostela que conserva un valioso casco antigo gótico declarado Conxunto Histórico-Artístico.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A inscrición estará aberta no departamento de Servizos Sociais do Concello de Vila de Cruces do 9 ao 16 de setembro ou ata esgotar as prazas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Desde a Concellaría de Benestar Social prográmanse diversas viaxes ao longo do ano para facer un turismo de proximidade e dar a coñecer á veciñanza puntos de gran valor cultural ou medioambiental, ao tempo que se comparten momentos únicos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page