O Concello de Cruces informa de que a calidade da auga da traída está permanentemente controlada
- ecosdacomarca

- hace 7 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces quere informar á veciñanza sobre os problemas detectados na subministración de auga potable, derivados das choivas rexistradas nas últimas semanas. Estas precipitacións provocaron o arrastre de sedimentos desde o leito do río Arnego, fonte de captación da rede de abastecemento afectada, o que alterou temporalmente o aspecto visual da auga.

O Concello quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade, xa que as analíticas da auga realízanse de forma periódica, seguindo a normativa sanitaria vixente, e ata o momento non se detectou ningún parámetro que supoña risco para a saúde pública.
A auga do abastecemento municipal está sometida a controles continuos, garantindo así a súa potabilidade e seguridade. A situación está a ser xestionada de forma inmediata pola empresa concesionaria, Espina & Delfín S.L., responsable da potabilización e distribución do servizo segundo o contrato de concesión e a normativa aplicable.
Publicidade
"Desde o Concello seguimos traballando día a día para mellorar e manter en bo estado as infraestruturas de abastecemento, conscientes da súa importancia para o benestar de todos os veciños e veciñas. Comprendemos a preocupación que estas incidencias poden xerar, polo que enviamos unha mensaxe de tranquilidade á veciñanza, agradecendo sempre a súa colaboración", sinala o goberno local.
NOTICIA RELACIONADA:
O BNG de Cruces urxe ao alcalde a actuar para garantir auga segura e transparencia coa veciñanza: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-de-cruces-urxe-ao-alcalde-a-actuar-para-garantir-auga-segura-e-transparencia-coa-veci%C3%B1anza







Comentarios