O alcalde Luis Taboada púxose en contacto co mandatario de Santiso para asistir a andaina deste domingo que vai ter lugar neste último municipio en contra desta instalación
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces informa que o alcalde Luis Taboada púxose en contacto co alcalde de Santiso, Manuel Adán, para asistir a andaina deste domingo en contra da instalación de Altri, que vai ter lugar neste último municipio. "Imos percorrer a zona onde teñen previsto poñer as canalizacións", puntualiza o goberno cruceño.
Publicidade
Ademais, sinala, que "asistimos para solicitarlle tamén aos técnicos que acudan á andaina poder achegarse a Vila de Cruces co fin de informar a toda a veciñanza sobre as consecuencias que pode haber se Altri se implanta. E facemos un chamamento a todos os concellos para que nos unamos todos en contra da macrocelulosa Altri".
Máis información da andaina no seguinte enlace: https://www.ecosdacomarca.com/event-details/1-xornada-santiso-vivo
Comments