O Concello de Cruces convoca cursos intensivos de natación para o verán na súa piscina municipal
- Laura Moure
- hace 2 días
- 2 Min. de lectura
Os interesados poderán solicitar a súa praza do 9 ao 13 de xuño
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces convoca cursos intensivos de natación para este verán 2025. A proposta facilitará a aprendizaxe e a mellora das habilidades acuáticas dos participantes, persoas de todas as idades e niveis de natación, agás os nenos e nenas nacidos a partir de 2021.

A actividade, que se realizará na piscina municipal de Vila de Cruces, sita na rúa Neira
Vilas 38, desenvolverase nos meses de xullo e agosto. No mes de xullo, formaranse seis grupos que farán os cursos de martes a venres en diferentes horarios de 11:00 a 15:00 horas; e no mes de agosto crearanse cinco grupos, igualmente de martes a venres de 11:00 a 15:00 horas.
O formulario de solicitude, dispoñible nas dependencias do Concello ou na súa páxina
web www.viladecruces.es , presentarase xunto á documentación complementaria do 9 ao 13 de xuño de forma presencial no rexistro municipal ou na súa sede electrónica. Como requisitos para a concesión das prazas, o Concello comprobará que a persoa solicitante está empadroada en Cruces e seguirase unha estrita orde de inscrición.
Publicidade
O prezo dos cursos será de 35 euros ao mes por persoa usuaria, agás no caso das nenas e nenos admitidos no Programa Concilia de Verán para os que os cursos de natación terán un custo de 25 euros por mes. O pago efectuarase no número de conta habilitado polo
Concello unha vez confirmada a admisión da persoa participante.
A listaxe de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web.
Comments