top of page

O Concello de Cruces acusa ao BNG de "desprestixiar ao goberno local con mentiras e enganos"

“Fiuza está máis preocupado porque busquemos solucións e arranxemos os problemas, que en que cobren os nosos provedores en tempo e forma, aínda que moitos sexan de Vila de Cruces”, recrimina a edil Mireya Otero


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A concelleira de Vila de Cruces Mireya Otero sae ao paso dunhas declaracións "novamente desafortunadas" do portavoz do BNG. "Unhas declaracións que Mireya Otero espera que sexan polo seu descoñecemento e o seu inaptitude no mundo da burocracia administrativa e da política e que non sexa unha argallada máis para enganar aos veciños e veciñas de Vila de Cruces. No canto de reclamarnos que paguemos aos provedores en tempo e forma, reclámannos o que axilicemos tramítelos e busquemos solucións para axilizar os pagos. Isto é o mundo ao revés".

Julio López, Luis Taboada e Mireya Otero.

O goberno local sinala que o BNG de Cruces co seu portavoz Álex Fiuza á cabeza "veñen de votar no último pleno en contra de obras e subvencións importantísimas para Cruces e os seus veciños, que tiveron que ser aprobadas grazas ao voto de calidade do alcalde Taboada, e agora sorpréndennos con máis mentiras como que non hai interventora, cando onte mesmo incorporouse a nova interventora, pero iso non lles interesa. Está claro”, afirma Mireya Otero, quen subliña que "o cesamento da anterior interventora foi consensuado debido aos atrasos que se estaban sufrindo no concello con expedientes e con pagos a provedores, que o goberno de Xuntos non comparte, e por ese motivo césase á interventora e contrátase a unha empresa de contabilidade para axilizar os trámites e pagar a todo o mundo canto antes, xa que non teñen administrativa de intervención que leva meses de baixa. Iso claro que non lle interesa contalo ao BNG”.


O alcalde, Luis Taboada, reitera de novo en que o BNG "está a ser un lastre máis que unha axuda para o goberno de Vila de Cruces, votando co PP para non realizar as obras comprometidas e indo da man da dereita en todas as cuestións que poidan danar ao goberno de Xuntos". Pero segundo Taboada "non lle está saíndo ben, porque este é unha vila onde nos coñecemos todos e cada cal sabe o que está a facer, e ademais que cando se negociou a entrada no goberno do BNG o señor Fiuza solicitaba un soldo mensual superior ao que cobran Julio e Mireya xuntos, e hai que ter moi pouca vergoña para pedir que o que está a traballar non cobre".

Taboada envía un aviso a navegantes e sinala que aposta pola transparencia absoluta do concello, pero tamén é coñecedor das leis e da protección de datos, "e que para que a oposición ou calquera veciño acceda a documentación do concello ten que previamente solicitalo por escrito". Así mesmo, o mandatario pregúntase como é posible que o portavoz do BNG teña datos, mesmo antes que el mesmo. Taboada ordenará á empresa tecnolóxica do concello, que revise os accesos e lle pase un informe detallado, porque Taboada cre "que é imposible que os funcionarios do Concello estean a filtrar datos sensibles á oposición, sabendo que iso é ilegal e pódelles mesmo costar o seu posto de traballo".


Pola súa banda, Mireya Otero quere deixar resolto esta situación espetando de novo que, “Fiuza está máis preocupado porque busquemos solucións e arranxemos os problemas que en que cobren os nosos provedores en tempo e forma, aínda que estes sexan de Vila de Cruces”.


NOTICIA RELACIONADA:

O que dixo o BNG:


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page