top of page

O BNG cruceño pídelle á edil Mireya Otero "que renuncie ao salario que lle aprobou no seu día o PP"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Considera que o concello está "desgobernado e xestionado por asesores externos e o contratar servizos externos de finanzas, para dar conta en comisións e plenos pode facelo tamén a empresa contratada"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces pide á concelleira de Economía e Facenda, Mireya Otero, "que renuncie ao salario que lle aprobou o PP no seu día, xa que ao contratar servizos externos de finanzas, para dar conta en comisións e plenos pode facelo tamén a empresa contratada".

O grupo municipal nacionalista denuncia a aprobación por decreto de Alcaldía dun novo contrato de asesoría financieira, prestación de servizo de contabilidade por valor de case 9.000 euros en seis meses. "Esta situación é insostible para as arcas municipais", asegura o voceiro nacionalista, Alex Fiuza, con máis de 6.000 euros ao mes en asesores externos, (asesor xurídico, de comunicación, de urbanismo e agora de contabilidade, todo isto sen contar coas facturas recurrentes do conglomerado de empresas conectadas ao asesor de comunicación) máis os salarios da concelleira e concelleiro superan con creces o gasto que xeraba o goberno anterior", asegura.

"Dende o BNG preguntámonos, quen está ao mando do Consistorio? Un alcalde sen rumbo ou un asesor de comunicación con ansia de encher o seu peto? Nestes momentos o concello de Vila de Cruces atópase sen persoal de Intervención, xa que a interventora cesou do seu cargo hai 15 días, sen que ninguén do goberno nolo comunicase ao resto da Corporación, e a baixa da administrativa de Intervención leva sen cubrir dende decembro, ao igual que a non renovación contractual da anterior secretaria. Esta situación non é casualidade. Dase pola nula xestión do goberno e polo interese propio do asesor de comunicación para manter ao equipo de goberno illado do resto da corporación", acusa o BNG.

NOTICIA RELACIONADA:

O que di o goberno local:

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page