O Concello de Arzúa lamenta o accidente mortal, no que perderon a vida un arzuá e unha veciña do Pino
- ecosdacomarca

- 15 sept 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
Onte domingo, produciuse un accidente mortal na A-54 á altura do concello do Pino no que perderon a vida dúas persoas: un mozo de Arzúa e unha moza do Pino. Toda a información: https://www.ecosdacomarca.com/post/d%C3%BAas-persoas-falecidas-nun-accidente-na-a-54-%C3%A1-altura-do-concello-do-pino O Concello de Arzúa emitiu esta mañá un comunicado no que lamenta esta traxedia.

Publicidade
"Desde o Concello de Arzúa lamentamos fondamente o tráxico accidente acontecido onte na A-54, no termo municipal do Pino, no que perderon a vida dúas persoas moi novas, unha delas, un veciño do noso concello.
Estamos sobrecollidos ante unha noticia que nos enche de dor e conmoción. Expresamos as nosas máis sentidas condolencias ás familias e amizades das vítimas neste momento tan difícil".
Concello de Arzúa







Comentarios