top of page

O Concello de Arzúa dá un novo paso para reconstruír a ponte sobre o río Iso

1 ago
2 min de lectura

O Pleno ratificou a solicitude de 205.995,83 euros á Deputación e aprobou pedir á Consellería do Medio Rural os 51.498,96 euros restantes do custo de execución da obra


Ecos da Comarca/Arzúa

O Pleno da Corporación municipal de Arzúa adoptou dous acordos para avanzar no financiamento da reconstrución da ponte sobre o río Iso, na Pastoriza, e recuperar a comunicación directa entre as parroquias de Santa María de Maroxo e San Pedro de Lema.

O proxecto conta cun orzamento total de 311.568,70 euros, dos que 257.494,79 euros corresponden á execución da obra e 54.073,91 euros ao IVE.

A Corporación ratificou a solicitude dunha subvención nominativa de 205.995,83 euros á Deputación da Coruña, equivalente ao 80 % do custo de execución da infraestrutura, sen incluír o IVE. Esta petición constitúe a principal vía de financiamento prevista para acometer a actuación.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

O Pleno aprobou tamén unha moción presentada polo grupo de goberno para solicitar á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galiza unha achega de 51.498,96 euros, correspondente ao 20 % restante do custo de execución da obra.


As dúas solicitudes suman 257.494,79 euros, o importe íntegro previsto para a execución da nova ponte, excluído o IVE. Con estes acordos, o Concello continúa a procurar os recursos necesarios para levar adiante unha actuación cun investimento total superior aos 311.000 euros.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A reconstrución da ponte permitirá recuperar unha conexión necesaria entre Maroxo e Lema, facilitar os desprazamentos da veciñanza e mellorar o acceso ás vivendas, ás explotacións agrogandeiras e aos servizos da contorna.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A nova infraestrutura favorecerá tamén a circulación da maquinaria agrícola e dos vehículos de servizo, así como unha resposta máis áxil dos medios sanitarios, de emerxencias e de seguridade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os acordos adoptados polo Pleno permiten seguir avanzando para restablecer a comunicación directa entre ambas as parroquias e dar unha resposta concreta ás necesidades de mobilidade da zona.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Festivos locais de 2027

Na mesma sesión, o Pleno da Corporación municipal aprobou establecer como festivos locais de Arzúa para o ano 2027 o 24 de xuño, festividade de San Xoán, e o 16 de xullo, festividade do Carme.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page