top of page

O Concello de Agolada organiza un campamento infantil do 27 ao 31 de decembro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Está dirixido aos cativos de 4 a 12 anos e hai prazas limitadas


Ecos da Comarca/Agolada

A Concellería de Cultura e Educación de Agolada dirixida por Concepción Carballal traballa na programación de Nadal. Esta incluirá un campamento infantil do 27 ao 31 de decembro incluídos. Estará xestionado pola empresa Enrédate.

Esta iniciativa está dirixida aos nenos e nenas de catro a 12 anos e hai prazas limitadas. O horario será de 10:00 a 14:00 horas. O prazo para anotarse comezará este martes, día 7, e rematará o 17 ás 14:00 horas. Terán preferencia os cativos empadroados no municipio de Agolada e despois, seguirase a orde de inscrición. Para que se imparta o campamento ten que haber un mínimo de anotados.


Os interesados poden inscribirse na Casa do Concello de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas ou a través da sede electrónica.


Prezos

Unha parte do prezo será asumido polo Concello e a outra terá que ser abonada polos participantes. Os cativos empadroados pagarán 20 euros, en caso do segundo irmán, este pagará dez e para os seguintes, será gratuíto. Os non empadroados o primeiro fillo pagará 30 euros, o segundo 20 e os demais, 10.


Nos vindeiros días informarase da documentación que deben entregar.


Excursión á pista de xeo

Entre as actividades que se levarán a cabo no campamento figuran: elaboración de adornos de Nadal para colocar nos Pendellos e na praza do pobo; día temático de Fin de Ano, que inclúe campanadas, cotillón e chocolatada; elaboración de postais para o Concurso Internacional de Irmandades de Colexios Enrédate e excursión en autobús á pista de xeo instalada en Lalín. Por suposto, todas as actividades estarán condicionadas pola evolución da situación epidemiolóxica e seguiranse todas as medidas de loita contra o Covid.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page