top of page

O Concello de Agolada organiza un campamento de Nadal do 26 ao 29 de decembro

É gratuíto e hai un total de 30 prazas


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada organiza un campamento de Nadal. Comezará o día 26 e rematará o día 29 de decembro. As sesións serán en horario de 10:00 a 14:00 horas nas instalacións do CEIP Plurilingüe Agolada a cargo da empresa Talentea.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tal e como informa o propio Concello, hai un total de 30 prazas para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. "Seleccionaranse os nenos/as a partir da orde do rexistro de entrada da folla de incrición e sempre terán prioridade os empadroados fronte aos non empadroados".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O prazo para anotarse comezará este venres, 15 de decembro, e rematará o día 22 de decembro ás 14:00 horas. Farase por rexistro de entrada no Concello de maneira presencial, de luns a venres, de 9:00 a 14:30 horas, ou a través da sede electrónica do Concello (https://agolada.sedelectronica.gal/).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tanto nas redes sociais do Concello coma na súa web colgarase o formulario e documentación que se debe entregar. "Non se admitirán as solicitudes por correo electrónico nin fóra de prazo", recalca o Concello que ademais tamén resalta que o campamento é totalmente gratuíto.






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page